Zona Franca reúnese con representantes sociais e económicos das comarcas de Caldas e o Salnés para establecer estratexias turísticas

CAMBADOS> Zona Franca de Vigo reúnese en Cambados con representantes dos axentes sociais e económicos das comarcas do Salnés e Caldas. Con estas reunións búscase coñecer as medidas que se poden levar a cabo nestas comarcas para potenciar o turismo. Os participantes cualificaron a reunión como moi positiva.

Potenciar o turismo en toda a provincia de Pontevedra. Este é obxectivo que persigue Zona Franca de Vigo coa elaboración do seu plan estratéxico. Para iso, o consorcio está mantendo reunión e entrevistas cos diferentes axentes económicos e sociais das comarcas da provincia. Este xoves en Cambados reuníronse cos representantes das comarcas do Salnés e de Caldas.

Na reunión estiveron representados por parte da comarca os concellos de Ribadumia, Vilagarcía, Cambados e Caldas, a Mancomunidade do Salnés, a Asociación de hostalería de Caldas, a Ruta do Viño Rías Baixas, o Galp Ría de Arousa e o GDR Salnés, Ulla, Umia.

Os participantes cualificaron a reunión como moi positiva. Dende Zaona Franca de Vigo continuarán coas entrevistas e encontros co obxectivo de rematar o plan estratéxico e comezar co plan de actuación.

A previsión é que a elaboración do plan estratéxico se remate no mes de decembro ou de xaneiro. A continuación comezará a busca de financiación tanto pública como privada para desenvolver as accións. As axudas e aportación de Zona Franca está garantidas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí