CAMBADOS> Arrancan as obras de reforma da praza de San Gregorio, en Cambados. O espazo, situado en pleno casco histórico, verase sometido a unha profunda renovación, tanto en superficie como os servizos que van soterrados. Estes traballos permitiron dar con varios restos romanos dunha tella e unha ánfora, que xa están sendo analizados.
A maquinaria xa traballa na praza de San Gregorio de Cambados. Trátase dun espazo de amplo valor patrimonial, en plena zona vella, que se vai someter a unha fonda renovación intregral.
A obra ten un orzamento de 135.000, co apoio do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O novo deseño incluirá no centro un xardín que respectará as árbores que dende hai anos presiden a praza.
O comezo das obras trouxo tamén sorpresas que o pasado deixou soterradas nesta praza. A actúa inclúe prospeccións arqueolóxicas que xa deron os seus froitos.
As obras en San Gregorio forman parte dun plan de intervencións en distintas prazas do Concello. Antes que aquí foi a quenda da de Dolores del Valle e despois, actuarase na de Fefiñáns.
Co proxecto xa feito e o visto bo de Patrimonio, ,a previsión do Concello é intervir en Fefiñáns despois deste verán.