Galiza Nova celebrará as Xornadas da Historia de Galiza en Rianxo

RIANXO> Rianxo acollerá as Xornadas da Historia de Galiza organizadas por Galiza Nova entre o 17 e o 19 de marzo. Nesta vixésimo terceira edición abordarán a historia do movemento nacionalista galego.

Galiza Nova escolleu Rianxo para converterse en sede das vixésimo terceiras xornadas da Historia de Galiza que promove a formación nacionalista. Desenvolveranse entre o 17 e o 19 de marzo no Pazo de Rianxiño con diferentes charlas e a proxección do documental sobre os 20 anos do Prestige.

Estes encontros inclúen tamén un roteiro cultural pola vila da man do alcalde, Adolfo Muíños quen expresou a súa satisfacción por actuar como anfitrións neste encontro da mocidade galega.

As xornadas estan dirixidas a mozos de 15 a 30 anos. Son de balde e non é preciso asistir a tódolos actos aínda que si deberán facer unha inscrición previa a través da web ou das redes sociais de Galiza Nova.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí