Éxito do 8º Mercado Solidario do CEIP O Grupo

RIBEIRA> Como cada ano, o CEIP O Grupo aproveitou a conmemoración do Día do Libro par afacer gala da súa solidariedade. Acompañados por alumnos de Aguiño e Artes desenvolveron un mercado solidario no que intercambiaron libros por alimentos. O recadado foi destinado a Cáritas e ICE Renovación.

A rúa de Galicia en Ribeira acolleu ó longo desta mañá unha iniciativa solidaria que ten ademAis unha vertente cultural e de fomento da lectura. Aproveitando a celebración do Día do Libro, O CEIP o Grupo puxo en marcha o seu 8º  mercado solidario no que tanto os escolares como os cidadáns que se achegaron ata alí podían intercambiar libros por alimentos no perecedoiros.

Como en anteriores edicións, a resposta cidadá foi do máis positivo polo que agardan superar os 700 quilos de alimento recadados o pasado ano.

Nesta edición, sumáronse á iniciativa o CEIP de Artes e o Heroínas de Sálvora de Aguiño.