O concello de Noia e a asociación Matacandís poñen en marcha un taller de teatro

NOIA> O concello de Noia vén de poñer en marcha un taller de teatro en colaboración coa asociación Matacandís. O obradoiro, impartido pola actriz Iria Acevedo, conta xa con máis de vinte inscritos.

Tras anos traballando sobre esta idea, o concello de Noia decidiu poñer en marcha un grupo de teatro. Foi a asociación Matacandís, creada hai anos por un grupo de pais do colexio Felipe de Castro, a que plantexou a necesidade de crear un espazo dedicado ó teatro, nunha vila con gran tradición nas artes escénicas.

O obxectivo do concello é dar continuidade a esta colaboración para a creación nun futuro dunha escola municipal de teatro.

O taller de teatro xa comezou a andar con algo máis de vinte inscritos e a dirección de Iria Acevedo. Os interesados en apuntarse aínda están a tempo de facelo nas instalacións da casa consistorial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí