O PSOE de Rianxo pregúntase pola tardanza na apertura da biblioteca

RIANXO> O PSOE pregúntase as razóns reais polas que o executivo de Julián Bustelo mantén a día de hoxe pechada ó público a biblioteca municipal, sete meses despois de rematar as obras de rehabilitación levadas a cabo no edificio.

Segundo os socialistas este é un exemplo máis da xestión do equipo de goberno, que segue sen propostas e proxectos.