MEIS> O Día Internacional do Té celebrouse na provincia de Pontevedra dende o Mosteiro da Armenteira. A Deputación de Pontevevedra conmemorou alí esta xornada cunha degustación de tés producidos con camelias da Finca Areeiro. Alí, ademais, extráese o aceite das sementes que recollen as monxas nos xardíns da Armenteira, co que logo elaboran xabóns e outros produtos cosméticos.
Despois da auga, o té é a bebida máis consumida en todo o mundo. Na provincia de Pontevedra hai un vínculo especial con el, grazas á camelia. Nun dos lugares do Salnés onde podemos atopar un dos mellores xardíns de camelias, no Mosteiro da Armenteira, a Deputación conmemorou hoxe o Día Internacional da Camelia.
Nesta celebración veciños da zona e visitantes puideron degustar tés producidos con camelias da Finca Areeiro. Un atractivo turístico, pero tamén unha nova fonte de riqueza que explora xa novas vías de negocio.
O presidente provincial aproveitou para salientar o potencial da flor da camelia, situando á provencia de Pontevedra no mapa, como fixo recentemente a Deputación no Xapón, no Congreso Internacional da Camelia.
A colaboración que mantén a Deputación co Mosteiro da Armenteira non se limita á apertura deste espazo de para visitas, tamén está en vigor un convenio para o tratamento das camelias. Así, as monxas colleitan as sementes destas árbores, para que os traballadores da Finca Areeiro extraian o aceite, co que logo as monxas elaboran xabóns e outros produtos cosméticos moi aprezados e demandados.











