RIBADUMIA> O ribadumiense Luis Serantes, novo director xeral da Mutualidad de Futbolistas. Despois de nove anos traballando para esta entidade, a xunta directiva decidiu poñelo á fronte para liderar esta nova etapa. O seu principal aval para este nomeamento foi precisamente o seu coñecemento sobre o funcionamento da organización.
O ribadumiense Luis Serantes xa é o novo director xeral da Mutualidad de Futbolistas, entidade aseguradora sen ánimo de lucro especializada no tratamento das lesións deportivas. Foi nomeado pola xunta directiva durante a Xornada de Empregados 2025, que se celebrou o pasado venres en Toledo.
Cunha traxectoria de máis de quince anos en postos de dirección, Serantes leva xa nove dentro da propia Mutualidad desempeñando diferentes funcións. Agora asume a dirección xeral en substitución de José Elías Gallegos.
Dende a propia entidade destacan que o seu amplo coñecemento da organización, tanto no seu funcionamento interno como nos seus retos operativos, sitúa ao ribadumiense como un perfil estratéxico para liderar esta nova etapa, contando co apoio do equipo directivo e de toda a organización.
Este relevo prodúcese nun contexto de transformación para a Mutualidad de Futbolistas, que buscar reforzar a calidade asistencial, achegarse aínda máis ao tecido federativo e avanzar na dixitalización dos servizos. Sen esquecer, din, o seu compromiso de ofrecer a mellor atención sanitaria aos futbolistas.