RIBEIRA> Apatrigal tivo coñecemento da nova a través dunhas fotografías que lle remitiu un particular.
Trátase dunha actuación que se está a acometer na zona para mellorar a accesibilidade ata o petróglifo da Pedra das Cabras.
A obra consiste basicamente na construción dunha senda peonil e nela empréganse elementos prefabricados, neste caso bordos de pedra para delimitar o camiño, alleos ó entorno.
Dende a entidade sinalan que a actuación carece de sentido algún,e que é máis propia dunha zona urbana que dun lugar natural, onde se atopa un dos petróglifos máis representativos da comarca do Barbanza.










