Negocios de Sanxenxo denuncian inundacións provocadas pola reformada rúa Progreso

SANXENXO> Negocios de Sanxenxo denuncian fallos nas obras de reforma da rúa Progreso. Aseguran que as inundacións que sofren os seus establecementos veñen provocadas pola pendente das beirarrúas. Algúns locais víronse encharcados con augas fecais.

As obras da Rúa Progreso de Sanxenxo están preto de chegar ao seu final pero o resultado non contenta a toda a veciñanza. Algúns negocios denuncian que a reforma estalles a causar problemas. É o caso de establecementos como Versus Moda, a pendente das novas beirarrúas leva a auga directamente aos locais, o que provoca importantes inundacións.

As augas fecais proveñen da zona de Padriñán. A estreiteza dos sumidoiros e a altura das beirarrúas levou as augas fecais directamente ao interior do negocio.

As inundacións provocaron numerosos danos no establecemento.

Dende o establecemento xa denunciaron ao concello e agarda que agora tomen medidas. Temen que se esquezan delas unha vez que rematen as obras.

Versus Moda non é o único negocio nin edificio afectado. Outros locais tamén sufriron as consecuencias das inundacións pero non quixeron compartir os seus casos ao estar en negociacións co concello para arranxar os danos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí