Rianxo segue de festa co feirón mariñeiro

RIANXO> Tras case unha semana de festas os rianxeiros aínda teñen folgos para seguir coas celebracións na honra da Guadalupe. Hoxe tocou o tradicional feirón mariñeiro. Rianxo retrocedeu un século no tempo para voltar ás súas orixes mariñeiras.

As principais rúas do casco antigo da vila convertéronse hoxe nun mercado mariñeiro tradicional. Nelas instaláronse postos do máis variado, nos que podía atoparse case de todo. Principalmente abundaban os postos de gastronomía e artesanía…pero tampouco faltou a animación de rúa…

Co paso das edicións, o feirón estase a converter nunha das citas case obrigadas para rianxeiros e visitantes dentro da programación das Festas da Guadalupe. Algo que ninguén quere perder..

Os festexos continuarán mañá con diversas acividades, dirixidas na súa maioría ós nenos, con infantilandia ou a festa da escuma. Será xa o último día das festas e con el un dos momentos máis agardados por todos como é a cantata da Rianxeira á luz das bengalas, ás dúas da mañá. será a despedida ás Festas da Guadalupe deste ano e haberá que ir pensando xa na edición do ano que vén

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí