PORTO DO SON> A intensa calor rexistrada durante toda a ponte festiva na comarca de Muros-Noia non foi impedimento para que centos de persoas gozasen da Feira Celta de Porto do Son. Destacou o reforzo da animación de rúa e os espectáculos de gran formato.
Porto do Son converteuse esta fin de semana nun auténtico poboado celta. Máis dun cento de postos integraban o mercado castrexo instalado por todo o casco urbano que contou este ano con moitos espectáculos de animación e psarrúas nunha clara aposta do concello por dinamizar este espazo onde a artesanía e a gastronomía foron as protagonistas.
A oferta festiva completouse con espectáculos de gran formato que combinaban música, danza, lume e pirotecnia.
Co éxito desta edición, Porto do Son consolidar a Feira Celta como unha das citas marcadas en vermello no calendario estival na que veciños e visitantes poden volver ás orixes dun pobo marcado pola mitoloxía e a tradición.










