Mariola Sampedro fai historia e convértese na primeira alcaldesa de Ribeira

RIBEIRA> Tralo tenso debate, procedeuse á votación da moción de censura…que, como era previsible, saíu adiante co respaldo de 13 dos 21 concelleiros dos que dispón a corporación municipal.  

A candidata á alcaldía polo Partido Popular, Mariola Sampedro, recibiu o apoio dos seus compañeiros de partido, ós que se sumaron tamén os tres edís do PBBI: Vicente Mariño, Herminia Pouso e Fernando Abraldes, que foron increpados dende a bancada.

En contra, 8 votos, os 5 edís do BNG, 1 do PSOE e 2 dos ex-concelleiros do PBBI, Tania Redondo e Juan Luís Furones.

Tras ser elixida rexedora, e xurar o seu cargo, recollendo o bastón de mando de mans do anterior alcalde, Luís Pérez Barral, Mariola Sampedro realizou a súa primeira intervención coma rexedora.

No seu discurso a xa alcaldesa, agradeceu os apoios recibidos estes días, tanto á súa familia coma os seus compañeiros de partido, así como veciños en xeral, ó tempo que asegurou que non hai maior responsabilidade e honra que o feito de ser rexedora da cidade na que naces.

Para seguir na súa intervención, reiterando o seu compromiso inquebrantable con tódolos veciños de Ribeira, sexa cal sexa a súa ideoloxía.