RIBADUMIA> Ribadumia acollerá un curso de adestradores UEFA. A actividade, con varias sesións teóricas e prácticas, está liderada pola Real Federación Galega de Fútbol co apoio do concello. Vai arrancar o vindeiro 21 de outubro en el vanse formar máis dunha trintena de persoas.
Se a colaboración entre o Concello de Ribadumia e a Real Federación Galega de Fútbol é habitual no campo, agora tamén o vai a ser na formación. O municipio acollerá un curso de adestradores UEFA, organizado pola Escola Galega de Adestradores da Federación.
O curso vai arrancar o vindeiro 21 de outubro, con sete xornadas teóricas e tres prácticas ata o mes de marzo.
E o curso conta cunha moi boa resposta por parte do público, acadando as 37 persoas inscritas.
E de cara ao futuro concello e Real Federación Galega de Fútbol abren a porta a seguir colaborando en materia de formación, máis aínda á vista da excelente acollida que tivo este primeiro curso de adestradores no municipio.











