Boiro avanza na recollida selectiva cunha campaña informativa sobre a quinta fracción

BOIRO> O concello de Boiro segue a avanzar na implantación da recollida selectiva de lixo cunha campaña de concienciación. Darán a coñecer o funcionamento do novo contedor da fracción resto que comezará a implantarse no municipio a partir do mes de novembro.

Baixo o lema ‘Reciclar é aforrar. Este marrón sáeche a conta’, o concello de Boiro trata de implicar á cidadanía na mellora das taxas de reciclaxe.  Ademais da instalación de paneis informativos, como este tótem emprazado na rúa peonil, a campaña componse de xornadas informativas sobre o novo contedor da fracción resto. A implantación deste quinto contedor realizarase de xeito progresivo. Comezará no mes de novembro coa instalación de medio cento colectores para grandes produtores.

Dáse así continuidade ó programa de compostaxe doméstica que o executivo puxo en marcha no ano 2020 e no que se levan repartidos ó redor de 400 composteiros.

Esta campaña conta co financiamento da Consellería de Medio Ambiente a través dos fondos europeos Next Generation.