O Plan Social de Ence apoiará 240 proxectos na súa edición de 2025

PONTEVEDRA> O Plan Social de Ence apoiará 240 proxectos na súa edición de 2025. Os proxectos beneficiados abarcan diversas áreas de actuación.
A promoción do deporte, tanto a nivel base como de elite, foi unha das categorías con maior número de solicitudes, sumando un total de 72 iniciativas seleccionadas.

Séguenlle os proxectos dedicados á recuperación e coidado da contorna natural, con 56 proxectos aprobados, e as iniciativas orientadas á educación e cultura, con 49 propostas beneficiarias.

Ademais, a inclusión social foi outro ámbito relevante, con 40 proxectos seleccionados, mentres que o emprendemento e innovación sumou 23 iniciativas apoiadas.

Entre as entidades beneficiarias está a TV da Mancomunidade do Salnés S.L. Cunha achega do seu Plan Social, Ence apoia a realización do proxecto Ponte-Verde. No seu marco, realizaranse diferentes reportaxes sobre as actividades e o labor que desempeñan outras das entidades beneficiadas por este Plan Social, de xeito que se poidan dar a coñecer ao público xeral.

A Comisión de Seguimento do Pacto Ambiental, conformada pola Xunta e a pasteira, foi a encargada de avaliar as candidaturas presentadas.

Dende a súa posta en marcha, o Plan Social de Ence beneficiou preto de 1700 proxectos.

#plansocialencepontevedra