RIBEIRA> A seguridade cidadá é un tema que preocupa ó Concello, polo que estes días seguiu con especial atención a vaga de roubos que afectou a varios establecementos hostaleiros emprazados na zona do malecón.
Aínda asi o alcalde sinala que se trata de feitos puntuais, polo que non cómpre precouparse máis do habitual.
Segundo el, a Policía Nacional xa actuou, coa detención dun individuo que presuntamente foi o autor destes roubos.