O mercadiño de Boiro recuperou os postos de téxtil, calzado e complementos

BOIRO> O mercadiño ambulante de Boiro recuperou esta mañá os postos de téxtil, calzado e complementos. Fíxoo extremando as medidas de hixiene, seguridade e separación entre postos, seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias. Ata o de agora só se permitía a instalación dos postos de alimentación. Durante o Estado de Alarma, os mercadiños ambulantes quedaron suspendidos e coas fases do Plan de transición cara a nova normalidade fóronse restablecendo progresivamente, con limitacións de aforo e con prioridade para os postos de alimentación.

Durante a xornada de hoxe o número de persoas que acudiu ó mercado tamén foi maior que o das últimas semanas, aproveitando tamén as boas temperaturas e o arranque da tempada estival.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí