A Asociación Francisco Lorenzo Mariño celebra a súa XXI Semana Cultural

RIBEIRA> A Asociación Cultural Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño celebra a partir de mañá a vixésimo primeira edición da súa Semana Cultural. Ademais dos actos lúdicos e culturais, desenvolverase unha ofrenda floral ante a sepultura do antigo párroco de Aguiño que dá nome á asociación.

Mañá venres arrancará na Casa do Mar de Aguiño a Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño. O coordinaor de Barbantia e director do Museo de Artes do Gravado, Xoán Pastor Rodríguez, será o encargado de abrir os as actos cunha conferencia sobre escritores locais.

O sábado terá lugar unha xornada en memoria do que fora párroco de Aguiño cunha ofrenda floral ante a súa sepultura no cemiterio de Porto do Son e unha misa de aniversario na igrexa do Carme de Aguiño.

Xa o domingo, os máis pequenos da casa serán os protagonistas da xornada de clausura co  espectáculo de clown ‘Con Lingua Propia’ que ofecerá Peter Punk a apartir das cinco e media da tarde. Dende a asociación quixeron agradecer a colaboración do concello de Ribeira e da Deputación da Coruña nestas actividades así como das numerosas empresas patrocinadoras que contribúen a manter a programación cultural durante todo o ano.