VILANOVA> Comezan as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada de Baión, en Vilanova.A Deputación vai investir neste proxecto 900.000 euros. Os traballos realizaranse entre os puntos quilométricos 0+000 e o 0+560 desta estrada provincial que une Baión con András.
Unha actuación que contempla a execución dunha senda peonil en formigón coloreado na marxe esquerda da vía ao longo dos seus primeiros 500 metros. Tamén se creará unha zona de convivencia, nos últimos 60 metros, e mellorarase a recollida de pluviais. Ademais, a obra contempla a renovación do firme e a realización dunha correcta sinalización horizontal e vertical.
Ademais, a mellora da estrada de Baión completarase con outra actuación anunciada a semana pasada pola Deputación que, por valor de 1,3 millóns de euros, mellorará a seguridade nun tramo doutros 400 metros desta vía provincial e de máis de 2,5 quilómetros da EP-9703 entre Vilanova de Arousa e Pontearnelas.
Este martes supervisaban o arranque das actuacións en Baión o deputado Javier Tourís e o alcalde, Gonzalo Durán.











