NOIA> O concello de Noia chegou a un acordo coa Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago para a xestión do albergue da Chaínza.
Non se cobrará polo seu uso, será mediante donativo, baixo o modelo de hospitalidade, coma o resto de establecementos que rexenta esta entidade noutros Camiños de Santiago.
A instalación será a primeira destas características que empezará a funcionar no Camiño da Ría de Muros Noia. Os seus usuarios poderán ser unicamente peregrinos, que deberán acceder coa acreditación oficial.
Aínda así a súa apertura aínda terá que agardar. As previsións é que o faga en Semana Santa, unha vez rematen as obras aínda pendentes de conexión á rede de abastecemento e de alumeado.
O albergue da Chaínza dispón de 25 prazas distribuídas en 6 dormitorios de 4 prazas en liteiras máis unha habitación adaptada. Está dotado dunha cociña con electrodomésticos e dispón de lavadora e secadora, entre outros servizos.











