A ILLA> O concello da Illa quere acollerse ás axudas que puxo en marcha o goberno central logo da declaración de Zona Afectada Gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil. Entre as actuacións máis urxentes que destaca o concello, a reparación da senda do Bao e do Muelle de Pau, a consolidación dun muro en Abilleira e o arranxo da senda do Aguillón.
A sucesión de borrascas e temporais que afectou ás Rías Baixas nas últimas semanas deixou estragos en numerosos concellos. Un deles é o da Illa de Arousa, que cifra en 850.000 euros os danos ocasionados polas condicións meteorolóxicas adversas.
O alcalde refírese ás axudas extraordinarias que ofrece o goberno central tras a declaración de Zona Afectada Gravemente por unha Emerxencia de Protección Civil aprobada polo Consello de Ministros o pasado 10 de febreiro.
No caso da Illa, hai problemas cos alumeados, saneamento e bombeos en varias zonas. Ademais, danos concretos en puntos como A Abilleira ou O Bao.
Tamén outro arranxo no Aguillón.
A proposta xa foi remitida á subdelegación do goberno en Pontevedra.











