Mar trasdala ás confrarías as axudas para rexenerar os bancos por valor de 23 millóns

BARBANZA> A conselleira do Mar mantivo unha xuntanza con representantes das confrarías para explicar as medidas de rexeneración dos bancos marisqueiros. O consello da Xunta aprobou un paquete de axudas por valor de preto de 23 millóns que permitirán compensar ós mariscadores que traballen na recuperación das zonas improdutivas.

O obxectivo principal do paquete de medidas que vén de aprobar o Consello da Xunta é a recuperación dos bancos marisqueiros. As axudas articularanse mediante os convenios coas confrarías que poderán compensar ós mariscadores que realicen labores de rexeneración, vixilancia ou outro tipo de tarefas encamiñadas a recuperar a produtividade.

Estas axudas terán carácter retroactivo para as confrarías que xa iniciaron as tarefas de rexeneración con anterioridade á súa aprobación e poderá ascender ata unha retribución máxima de 700 euros ó mes.

O paquete de axudas contempla tamén outras partidas como o millón e medio reservado para a compra de semente ou os dous millóns para proxectos de conservación da biodiversidade que se realizarán principalmente nos bancos de libre marisqueo.