BOIRO> Boiro acollerá a decimo quinta edición do Festival Audiovisual Olloboi durante a primeira semana de xuño. Trátase dunha proposta cultural para fomentar a creatividade entre os mozos na que participan centros educativos de toda Galicia.
O Festival Olloboi celebra este ano a súa decimo quinta edición, a máis internacional ata a data posto que contará coa participación de varias entidades procedentes do País Vasco e Portugal, xunto con destacados referentes do audiovisual galego.
O concello de Boiro colabora coa organización nas diferentes actividades que se levarán a cabo durante a primeira semana de xuño coa proxección das curtas no centro social. O acto de clausura terá lugar o día 6 de xuño coa entrega de premios do festival.











