CAMBADOS> Xa se pode visitar en Cambados unha nova edición de Saudarte. Trátase da mostra impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, coa que se pretende fomentar o ocio creativo entre a rapazada. Unha forma de afastar aos máis novos do mundo da droga. A exposición está composta por 25 pezas. Poderase visitar ata o 20 de maio.
Arte e saúde van da man un ano máis na mostra Saudarte que xa se pode visitar en Cambados. Trátase da décimo oitava edición desta iniciativa impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico para fomentar entre a rapazada hábitos saudables, lonxe do mundo das drogas.
A mostra fai parada este ano na Casa da Calzada, por mor das obras de rehabilitación de Pazo Torrado. Coa iniciativa colabora o concello de Cambados, que destaca que con esta iniciativa se fomenta o ocio intelixente.
A mostra está composta por 25 obras, creadas con distintas técnicas. Parte destes traballos foron elaborados na Academia de Pintura José Ramón Costa, que colabora con Saudarte.
21 rapaces e rapazas plasmaron o seu talento e creatividade nesta exposición que, como é habitual, está comisariada por Augusto Guedes.
Saudarte poderase visitar ata o 20 de maio.











