RIANXO> A Garda Civil non descarta máis detencións en relación coa vaga de roubos a vivendas na parroquia rianxeira de Leiro vivida nos últimos meses, xerando unha gran preocupación e alarma social.
Esta pasada fin de semana pasaba a disposición xudicial nos Xulgados de Padrón ó único detido polo de agora por este asunto. Un veciño da localidade de 46 anos ó que se lle imputan un total de nove delitos de roubo con forza.
O prendido é un vello coñecido das forzas da orde ó que lle constan antecedentes anteriores por delitos similares. O Xulgado decretou para el liberdade con cargos. No rexistro realizado no seu domicilio, a Garda Civil puido recuperar ba parte do material roubado, que xa está en depósito no cuartel de Rianxo para serlle entregado ós seus lexítimos propietarios.











