RIBADUMIA> Ribadumia conta os días para a LIII Festa do Tinto do Salnés. A cita será do catro ao sete de xuño co viño e a gastronomía como principais ingredientes, pero cunha gran programación paralela, con multitude de propostas musicais. Este venres tivo lugar a xa habitual presentación oficial nunha das adegas. O pregón correrá a cargo este ano de Leti da Taberna. Ademais, de forma paralela, continúan as catas dos viños que chegarán á gran final.
A festa de referencia de Ribadumia encara a súa conta atrás. A LIII Festa do Tinto do Salnés vaise celebrar do catro ao sete de xuño. Este venres, como xa é tradición, tivo lugar a súa presentación oficial nunha das adegas. Desta volta, na de Seso Piñeiro.
O adegueiro destacou como foi medrando esta festa dende as súas orixes ata converterse no gran evento que é hoxe.
Na parte festiva, actuacións musicais destacadas, cos Festicultores, A Mecánica, Antonio Barros coa Agrupación Musical de Ribadumia e grandes orquestras, como Olympus, América de Vigo, Capitol ou Panorama.
De forma paralela, ademais, organizaranse dous showcookings con sabor local.
O pregón correrá a cargo de Leti da Taberna. Ademais, como sempre, investiranse novos valedores.
Entre os colaboradores da Festa figura a Xunta de Galicia.
De forman paralela, nestes días previos, estanse a celebrar as catas para o concurso, dos que 12 pasarán á gran final.
En canto ao xantar de confraternidade, agárdase a participación dunhas 900 persoas.











