O inicio das escavacións en Santa Clara comeza a botar luz sobre a historia do convento

PONTEVEDRA> Hai nove días que deron comezo as escavacións no convento de Santa Clara, en Pontevedra. Os traballos están a implicar un equipo multidisciplinar de 30 especialistas, que neste tempo xa localizaron importantes achados que reescriben algunhas das crenzas iniciais sobre a historia do edificio. Trátase da intervención arqueolóxica máis ampla e profunda feita en Pontevedra e incluso, en Galicia.

Hai tan só nove días que se iniciaron as escavacións arqueolóxicas no convento de Santa Clara. Uns traballos que xa están a conseguir importantes achados.

A día de hoxe xa se localizaron máis de 2.000 restos cerámicos. Tamén pavimentos, canalizacións de augas soterradas e diferentes construcións. Descubrimentos que están a mudar, incluso, algunhas das ideas que ata o de agora tiñan sobre a historia do convento.

Esta xornada, os traballos do claustro permitiron localizar as primeiras tumbas. Segundo os expertos, os restos permitiranlles coñecer algúns dos costumes das monxas.

Nas escavacións está a participar un equipo multidisciplinar de máis dunha trintena de expertos. Están programadas 68 catas, das que só sete están en marcha.

Segundo os arqueólogos, os traballos no convento poderán prolongarse varios meses, ofrecendo información tamén da cidade máis aló dos seus muros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí