Persoas con lesións medulares colaboran coa DXT para concienciar sobre o perigo das distraccións ao volante

PONTEVEDRA> Nova campaña da Dirección Xeral de Tráfico, desta volta dirixida previr accidentes concienciando sobre as distraccións ao volante. Non en van, estiveron detrás do 32% dos accidentes con vítimas mortais do ano pasado. Hoxe estreouse da man da Garda Civil na estrada nacional 550, ao seu paso por Cerponzóns. Alí a mensaxe dos axentes estivo reforzada por membros da Asociación de Lesionados Medulares e outras discapacidades físicas, que trasladaron aos condutores os seus relatos en primeira persoa.

Hai 50 anos que un accidente de coche deixou a Manuel Varela en cadeira de rodas. Hoxe agarda que a súa vivencia sirva para evitar que a historia se repita.

É vicepresidente de Aspaym Galicia, a Asociación de Persoas con Lesión Medular e outras discapacidades físicas. Eles colaboran coa Dirección Xeral de Tráfico na nova campaña para previr as distraccións ao volante.

‘Non corras. Non bebas. Non cambies de rodas’ é o lema da campaña. Con relatos en primeira persoa búscase concienciar aos condutores.

Hai moitas cuestións que poden distraer a un condutor do volante.

Pero o móbil é a máis frecuente. O ano pasado, máis de 3.000 foron sancionados na provincia de Pontevedra por este motivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí