Abarrote festivo en Boiro no ecuador das súas festas do verán

BOIRO> Nin a calor máis abafante na fin de semana foi impedimento para que miles de persoas se achegaran a vivir as festas dende dentro.

Tralo inicio dos festexos vivido na xornada do venres pola noite, co pregón a cargo este ano dunha representación dos comercios tradicionais da vila, a quen se lle rendeu homenaxe, os festexos tiveron continuidade o sábado coas exhibicións de baile e música tradicional a cargo de Xilbarbeira e Aroña.

Outros dos atractivos desta xornada foi a festa da malla na praza do Concello, onde se recreou un ano máis a tradicional malla do centeo, da man dos membros da asociación Abrañeira, un acto simbólico da cultura boirense.

Outro dos puntos de interese durante a fin de semana tiña lugar onte domingo. Ás doce da noite como é xa tradición, celebrouse na praia de Barraña o espectáculo piromusical que volveu a reunir a multitude de persoas.

Un broche de ouro para unha xornada espectacular. mesturando fogos artificiais e música, creando unha estampa irrepetible.