Buscan a unha parella de turistas que marchou do Barbanza sen someterse ás probas de COVID

RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira busca dende este sábado a unha parella que marchou doa comarca do Barbanza sen someterse ás probas diagnósticas do coronavirus. A moza acudiu ó centro sanitario de Ribeira cando comezou a sentirse mal. Ó presentar síntomas compatibles co Covid, o persoal médico decidiu realizarlle unha PCR. Sen embargo, a paciente e o seu acompañante marcharon antes de someterse á proba polo que se activou o protocolo para tentar localizalos.

Sanidade notificou o caso ás forzas de seguridade e ó servizo de epidemioloxía. Trátase dunha parella de orixe belga que chegou á comarca en caravana procedente de Portugal

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí