A Pobra acolle esta fin de semana o Campionato Territorial Norte de Bateis

A POBRA>  Os equipos clasificados disputarán o campionato galego que se celebrará a próxima semana en Rianxo.

O Club Remo Puebla e a Federación Galega de Remo organizan esta fin de semana o Campionato Territorial Norte de Bateis. As regatas darán comezo o sábado pola tarde, a partir das catro e media, coas probas clasificatorias para a xornada do domingo da que sairán os participantes no campionato galego que se celebrará a vindeira semana en Rianxo.

O Club pobrense parte con moitas opcións xa que competirá cun total de dez equipos, un por categoría agás na de cadete feminino, pero cun segundo equipo filial en cadete masculino.

O concello colabora coa organización do evento tanto na loxística co apoio de Protección Civil por mar e terra como aportando as medallas que recibirán os tres primeiros equipos de cada categoría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí