Xusto Ordóñez releva a Adolfo Muíños como candidato do BNG en Rianxo

Xusto Ordóñez será o candidato do BNG á alcaldía rianxeira. Esta mañá presentou a súa candidatura arroupado polo actual alcalde, Adolfo Muíños, e a voceira nacional do partido, Ana Pontón.

Off

Xusto Ordóñez tomará o relevo de Adolfo Muíños como cabeza de lista do BNG en Rianxo. O actual concelleiro de Deportes, pugnará por facerse coa alcaldía nos comicios do próximo ano para dar continuidade a doce anos de goberno municipal liderado polo BNG.

Na presentación oficial do candidato, que tivo lugar esta mañá no auditorio municipal, participou a voceira nacional quen ademais de augurar un futuro nacionalista para Rianxo quixo recoñecer o labor desenvolvido ata o momento nunha vila que conta agora con máis e mellores servizos públicos.

O alcalde saínte, que renuncia a liderar a lista por motivos persoais, fixo tamén un balance positivo destas tres lexislaturas con logros como o desenvolvemento do parque empresarial que xa esgotou o chan dispoñible.

O novo candidato traballa agora na conformación da lista polo que etsá a manter contactos con diferentes colectivos. Nas próximas semanas daranse a coñecer os nomes que integran a candidatura ó completo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí