A AECC reivindica a humanización da atención sanitaria no Día Mundial contra o Cancro de Mama

PONTEVEDRA> ‘Tomámolo a peito’ é o lema co que hoxe, Día Mundial contra o cancro de Mama, saíu á rúa a Asociación Española contra o Cancro en Pontevedra. Esta mañá instalaron unha mesa na Praza de España para informar, sensibilizar e visibilizar a realidade da enfermidade e das persoas que a padecen. Non en van, o cancro de mama é o que presenta unha maior incidencia en Galicia entre as mulleres.

Humanizar a atención sanitaria das pacientes con cancro de mama é unha das reivindicacións que hoxe, Día Mundial contra esta enfermidade, sacou á rúa a Asociación Española contra o Cancro en Pontevedra baixo o lema ‘Tomámolo a peito’.

Unha destas pacientes é Paula Gómez. Veciña de Pontevedra, foi diagnosticada no mes de xaneiro. Foi ela mesma quen acudiu ao médico tras detectarse un vulto no peito.

Paula é a terceira muller da súa familia que se enfronta a este diagnóstico. Unha das súas curmás é voluntaria da asociación, e dende un principio amosoulle as posibilidades que ofrece para axudar ás pacientes a encarar a enfermidade.

No seu caso, a prevención e a autoexploración foron clave. Algo no que tamén se insiste dende a asociación. De aí que se recibira como unha boa nova a decisión da Xunta de adiantar os cribados aos 45 anos.

García puxo en valor a importancia da celebración de días como o de hoxe. Dende a súa mesa instalada na Praza de España, a Asociación Española contra o Cancro traballou para informar, sensibilizar e visibilizar esta enfermidade e a importancia da investigación.