NOIA> Cáritas Parroquial de Noia volverá poñer en marcha unha campaña de recollida de alimentos durante o Nadal. Demandan especielmente leite, aceite e tamén axudas económicas para as máis de cen familias que precisan da súa colaboración. Este ano destaca ademais a doazón de Caixabank cunha achega de tres mil euros.
Se ben o número de familias que recibirán axudas de Cáritas de Noia en este Nadal descendeu, si se notou unha maior precariedade na súa situación.
Ademais da doazón económicas e de alimentos por parte de empresas, asociacións e particulares, este ano a entidade recibiu unha importante axuda a través da obra social Caixabank.
Os interesados en participar na campaña poden doar todo tipo de alimentos. Ademais dos produtos típicos de Nadal, o máis necesario para estas familias é leite e aceite.