Tirón de orellas a Portos polas carencias nos peiraos ribeirenses

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, xunto cos patróns maiores de Ribeira e Palmeira, presentou un expediente no que se recollen as principais deficiencias nos espazos portuarios existentes no municipio. O documento seralle remitido á consellería do Mar, Portos de Galicia e a Presidencia da Xunta.

Aínda que o alcalde afirmou que non se trata de ningunha crítica nin reprimenda, que o fan cun ánimo construtivo, a presentación deste expediente, no que se recollen as principais deficiencias existentes nos espazos portuarios do municipio, si o parece. Son, na súa maioría, carencias denunciadas dende hai tempo, que a día de hoxe seguen a ser desatendidas por parte de Portos de Galicia, a pesar da importancia dos portos ribeirenses e do gran esforzo presupostario ó que fan fronte ó longo do ano, que repercute directamente nos orzamentos xerais do ente autonómico. Fan alusión a problemas como a seguridade nos peiraos, a falla de mantemento a nivel xeral das instalacións ou a ordenación portuaria.

No expediente tamén se fai unha pequena revisión dos compromisos que están pendentes por parte do ente autonómico no municipio como poden ser a desafectación de varias rúas e outros espazos na zona portuaria de Ribeira  ou a aprobación do plan de usos do porto, entre outras.

O expediente seralle remitido tanto á consellería do Mar como a Portos, así como tamén a Presidencia da Xunta.

Comments are closed.