![]()
VILAGARCÍA > Vilagarcía estará presente mo Salón Galego de Gastronomía e Turismo Xantar que se celebra en Ourense do 28 de febreiro ao 4 de marzo. O…
…evento feiral dedicará unha xornada completa ó municipio, que se promocionará como destino turístico. Ademais dará a coñecer a súa oferta gastronómica a través do seu propio stand e do menú elaborado pola Fundación Amigos de Galicia.
O día de Vilagarcía no Xantar será o 2 de marzo. Nesa xornada o restaurante principal da feira servirá o menú elaborado pola Fundación Amigos de Galicia. Estará composto, entre outros pratos, por boliños de bacallau, crema de grelos con marisco, vieira da ría de Arousa ó viño albariño, bacallau con pan de millo e albariño e, por suposto, mexillón da ría. A Concellería de Turismo de Vilagarcía promove este evento no que colaboran tamén o Consello Regulador do Mexillón, a Fundación Amigos de Galicia de Galicia e a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos que aproveitarán para presentar a Central de Reservas de Turismo que promove a entidade.
O Concello distribuirá información no salón e fletará dous autobuses para que poidan asistir os veciños que o desexen. Os interesados deberán apuntarse nas dependencias das concellerías de Cultura ou Turismo.
Redacción Salnés









