O PSOE propón rematar cos problemas de contaminación

    O PSOE de Vilanova proporá no pleno un convenio Xunta-Deputación e Concello para rematar con tódolos problemas de contaminación medioambiental. Deste xeito, os socialistas responden ás críticas recibidas por parte do alcalde logo de que a Xunta paralizase o saneamento de Baión.

    O voceiro do PSOE de Vilanova, Rodrigo Santiago, culpa ó alcalde Gonzalo Durán da contaminación do Umia, en Baión. Os socialistas reprochan ó goberno municipal de levar cinco anos sen conectar á rede eléctrica as estacións de bombeo, impedindo que funcionen e polo tanto provocando os vertidos en Baión. Rodrigo Santiago responde así ás declaracións feitas por Gonzalo Durán a pasada semana, na que pedía explicacións ó PSOE local pola decisión da Xunta de paralizar as obras de saneamento en Baión.

    O alcalde chegou a pedir incluso dimisións no seo do grupo socialista de Vilanova. O PSOE lembra que non faltaron ocasións e medios económicos para dotar de saneamento tanto o río cómo á ría. Sinala por exemplo que houbo que devolver centos de millóns de pesetas á Comunidade Económica Europea do Proxecto Pomal por falla das aportacións dos Concellos para executa-las obras, sendo Vilanova o máximo deudor. Critica tamén que o goberno municipal destinase os máis de 1.300 millóns de pesetas da segregación coa Illa a asfaltados de pistas particulares, sen adicar un só euro ó saneamento. A pesar dos insultos que lles dedicou Durán, o PSOE vilanovés ofréce a súa colaboración. No vindeiro Pleno presentará unha moción para que a Deputación colabore para solucionar os problemas de contaminación medioambiental.