O Grove aprobará inicialmente o seu PXOM o 8 de xullo

O GROVE> Chegou o día: O Grove vai aprobar, por fin, de xeito provisional o seu PXOM. Será nun pleno extraordinario convocado para o 8 de xullo. Anunciouno esta mañá o alcalde da vila meca nunha declaración institucional. Cacabelos fala dun ‘fito histórico’.

A historia interminable parece que por fin chega ao seu fin. O goberno do Grove levará a pleno a aprobación provisional do seu PXOM. Será nunha sesión extraordinaria convocada para o xoves 8 de xullo.

O alcalde indica que O Grove conta con toda a documentación e tódolos informes favorables para someter o documento ao Pleno, o último paso antes do visto bo definitivo.

Cacabelos cualifica de ‘fito histórico’ este momento, porque é a primeira vez que o PXOM chega á aprobación provisional. O rexedor fala dun Plan de Urbanismo coñecido xa por tódolos veciños. Di que o que busca é garantías.

No Pleno tamén se estimarán ou desestimarán as case 4.000 alegacións presentadas polos veciños. O 90% delas foron aceptadas e recollidas nos diferentes planos. Unha vez aprobado, O PXOM será remitido á Xunta para a súa aprobación definitiva dentro duns meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí