¿Inundacións ou cheiros?

    Chegaron as tan ansiadas choivas aínda que nalgúns lugares parece que con saña. Foi o caso esta mañá do concello de Cambados. No plazo de apenas dez minutos a tromba de auga que caeu inundou ó momento varias zonas da vila, sobre todo no entorno da casa consistorial. Esta é a parte de detrás do concello de Cambados. Ás once desta mesma mañá a cantidade de auga acumulada nesta zona impedía circular os coches e sobre todo os peóns. Mesmo varios baixos e locais da zona quedaron asulagados co que precisaron da intervención da policía local. As previsións meteorolóxicas para os vindeiros días siguen anunciando choivas, moi ó pesar por exemplo para os numerosos turistas que se atopan estes días na festa do marisco do Grove.