Comeza a feira de oportunidades ‘Expoliquidación’ no Grove

    O Grove acolle durante toda a fin de semana a 1ª Feira de Saldos e Oportunidades, coa participación de 30 comerciantes da zona. Roupa, calzado, electrodomésticos, obxectos de decoración ou peletería son algunhas das ofertas que poden atopar os que se acheguen ata a carpa instalada na Praza do Corgo. Hoxe foi a inauguración e as ventas non se fixeron esperar.

    Antes de que os responsables da organización da primeira expoliquidación que ten lugar non Grove cortaran a cinta coa que quedaba inaugurado o recinto de compra- ventas, moitas persoas xa realizaran as primeiras adquisicións. Os grandes descontos nalgúns productos, con máis do 50% de rebaixa e prezos de liquidación, eran os principais reclamos para unha feira que pretende convertirse en cita anual na localidade meca.

    Os organizadores pensaron nesta primeira feira de saldos e oportunidades atendendo ó éxito acadado noutros lugares con este tipo de iniciativas, caso de Vilagarcía. Nesta primeira edición participan 30 firmas con productos do máis variado e asequibles a tódolos petos. É esta unha fórmula eficaz para que os comerciantes agoten o seu stock e tamén para que os compradores adquiran productos de calidade a prezos case simbólicos. 

    Esta primeira feira de saldos e oportunidades está organizada pola Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios, Emgrobe, en colaboración co Centro Comercial Aberto “De tendas", Caixanova e o Concello meco. O horario de apertura é de 11 da mañá a 10 da noite ininterrumpidamente, tanto o sábado como o domingo.

    Redacción Salnés