Os transportistas de mercancía por estrada lograron sobre a unha deste mediodía pechar un acordo co Goberno sobre as medidas que demandan para compensar a suba do combustible. O acordo supón unha solución ó céntimo sanitario. Sen embargo, o paro manterase ata que o sector consiga tamén o pertinente acordo cos cargadores, aínda que esperan que se poida acadar durante a xornada de hoxe.
Os transportistas aceptaron finalmente a proposta pola que o Goberno se compromete a pedir ás comunidades autónomas que aplican o céntimo sanitario que eximan ós transportistas do pago deste imposto co que gravan a venta do carburante para financiar a sanidade. No caso de que os gobernos rexionais rechacen esta petición, o Executivo compensará económicamente ós camioneiros, pero só polo que paguen polo segundo tramo da taxa.
Redacción Salnés