SANXENXO> A subdelegación do goberno en Pontevedra e o concello de Sanxenxo renovan o plan VioGen contra a violencia machista. Mediante este convenio administracións e forzas de seguridade coordínanse para atender as vítimas da violencia de xénero. Na actualidade a vila conta con 29 casos de protección por mor do machismo.
A loita contra a violencia machista non pode cesar nin durante a pandemia. Por elo o concello de Sanxenxo e a subdelegación do goberno en Pontevedra renovaron o plan VioGen. Un convenio que permite as administracións e as forza de seguridade coordinarse para protexer ás vítimas da violencia de xénero.
Mediante este convenio, as administracións e as forzas de seguridade reparte as funcións da Garda Civil e da Policía Local.
O obxectivo é protexer a todas as mulleres que sofren a violencia machista.
O partido xudicial de Cambados que inclúe aos concellos de Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia e O Grove conta na actualidade con 92 casos activos por violencia de xénero. Dos cales só un é de risco alto, o resto de risco medio ou baixo. En canto a franxa de idade, as mulleres que máis sofren esta violencia están comprendidas entre os 31 e os 45 anos.