SALNÉS> O conselleiro de sanidade anuncio a convocatoria de prazas médicas na revisión das obras da nova central de esterilización do hospital do Salnés. Unha reforma que avanza a bo ritmo e que esta preto de chegar ao seu final. Nesta intervención a xunta destinou máis de 1,3 millóns de euros.
As obras da nova central de esterilización do hospital do Salnés atópanse na súa fase final. O conselleiro de Sanidade desprazouse esta mañá ao hospital para comprobar o estado da mesma e certificar que avanza a bo ritmo. A consellería investiu 1,3 millóns de euros nesta reforma que inclúe a mellora das instalacións e dos equipos.
A obra conectará a central de esterilización cos quirófanos. Conectando así os dous últimos grandes investimentos realizados no Salnés. Xa que na anterior intervención a consellería investiu máis de 9 millóns de euros e entre as súas reformas incluíanse cinco quirófanos.
Unhas melloras que non quedarán aquí, xa que o conselleiro advertiu que se seguirá dotando ao hospital dos mellores equipamentos posibles.
O conselleiro destacou os investimentos realizados no Salnés nos últimos anos e mandou unha mensaxe aos críticos da súa xestión.