Morre en Costa Rica o concelleiro do PSOE de Ribadumia Pepe Lede

RIBADUMIA> Falece Pepe Lede, concelleiro do PSOE en Ribadumia. Tiña 41 anos e perdeu a vida de xeito inesperado logo de sufrir un infarto cando estaba de vacacións en Costa Rica. O concello de Ribadumia decretou xa tres días de loito oficial. Na casa consistorial as bandeiras ondean xa a media hasta e con crespón negro. Para este sábado convocouse un minuto de silencio no seu recordo.

Ribadumia chora o inesperado falecemento do concelleiro Pepe Lede. Tiña 41 anos. Segundo fontes próximas, atopábase de vacacións en Costa Rica cando sufriu un infarto.

Aínda que foi operado de urxencia e nun primeiro momento conseguiran salvarlle a vida, permanecía grave e acabou falecendo por complicacións.

Pepe Lede foi durante anos o líder dos socialistas en Ribadumia. Concelleiro dende 2011, cabeza de cartel nas eleccións de 2015 e 2019, formou parte do goberno local no municipio durante o tripartito entre os anos 2015 e 2019.

Nas últimas eleccións municipais resultada elixido concelleiro do grupo socialista. Foi o segundo na lista que nestes últimos comicios encabezou Javier Mougán.

O concello de Ribadumia, nada máis coñece-la nova, emitiu un comunicado lamentando o pasamento do socialista en nome de toda a corporación municipal. Din del que era un home ‘de carácter amable e cercano, sempre amosando o seu lado máis afable’. Apuntan que ‘traballou de xeito constante por construir unha Ribadumia mellor no seu labor como concelleiro’. O escrito conclúe trasladando o pesar á súa familia, compañeiros do PSOE, achegados e a todas aquelas persoas que compartan a dor por este perda.

Ademais, en sinal de loito, o concello decretou tres días de loito oficial, nos que tamén se suspedenderán as actividades municipais. Dende hoxe as bandeiras diante da casa consistorial xa ondean a media hasta e cun crespón negro.

Ademais, convocouse a toda a corporación, veciños e traballadores a un minuto de silencio este vindeiro sábado ás 13:30 horas diante do Concello, como mostra de respecto e condolencias.

O cadáver de Pepe Lede atópase nestes momentos na capital costarricense, San Xosé. Todo apunta a que non será repatriado ata despois do 1 de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí