SANXENXO > Unha veciña de Sanxenxo que vive no humidal Ulla-Umia. ven de denunciar os constantes vertidos que se están a producir nas inmediacións da súa casa. No regato que se ve na imaxe botan residuos de todo tipo provocando malos cheiros e a aparición de ratas arredor da vivenda. Nesta zona protexida veñen reiteradamente camións a recoller auga para limpar unha estrada ou para facer obras. A veciña puxo xa este feito en coñecemento dos responsables de medio ambiente.
Visitación Vidal, vive unha casa situada no humidal Ulla-Umia na zona de As Salinas. Dende fai tempo os cheiros en épocas de calor e as ratas, procedentes dun pequeno río, fain insaúbre a súa vida e a da súa pequena. En reiteradas ocasións denunciou o caso a Policía Local de Sanxenxo sen obter ningunha resposta, unha situación que se fai inaguantable.
Ademais desta situación esta veciña do Concello de Sanxenxo foi testemuña de como camións cisterna vertían residuos de todo tipo a estas augas. Ultimamente a empresa responsable das obras dunha estrada utiliza este regato para cargar os vehículos de auga e limpar o firme. A Consellería de Medio Ambiente non ten constancia de que desta empresa solicitara os permisos pertinentes.
A veciña afectada por esta situación explica que esta zona é moi visitada por turistas en época de verán e nunca se fixo nada para arranxala.
Redacción Salnés