Caixanova renova o patrocinio das categorías inferiores do Pontevedra CF

PONTEVEDRA > O Pontevedra Club de Fúbtol segue recollendo colaboracións de diversas entidades. Logo de asinar o convenio con Ence o xoves facíao con Caixanova. A entidade financeira destina a mesma cantidade que na pasada tempada, pese a que o club baixou de categoría. O financiamento de Caixanova destinarase sobre todo a manter o patrocinio das categorías inferiores do Pontevedra.

Os equipos inferiores do Pontevedra Club de Fútbol seguirán esta tempada co patrocinio de Caixanova. Os responsables da entidade financeira renovaron esta mañá o convenio de colaboración co club granate, nun acto no que participou o seu presidente Nino Mirón, e o subdirector de Caixanova, Antonio Gómez Rivera. A contía do convenio non se quixo especificar pero só se sinalou que se mantén a mesma cifra que no ano anterior, pese ó descenso de categoría do Pontevedra.

A colaboración do Pontevedra e Caixanova xa vén de lonxe e nos últimos anos o nome da entidade financeira loce na vestimenta dos equipos inferiores. Deste xeito Caixanova valora o traballo de base do club granate.

Redacción Salnés