MEIS> O enoturismo centrou o XIII Foro do Albariño e curso de verán da Universidade de Santiago que acolle Terra de Asorei, en Meis. Pola adega están a pasar estes días expertos chegados de distintos puntos de España para abordar o enoturismo como unha ferramenta para preservar a cultura propia e impulsar as economías locais. O foro rematará este sábado en Cambados.
O Foro do Albariño que acolle a adega Terra de Asorei naceu no 2008 e dende o 2019 e tamén un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela. Trátase dun punto de encontro para escoitar a expertos, profesionais e empresarios chegados de diferentes puntos de España e Portugal. A xornada de hoxe centrouse no enoturismo.
A súa intervención centrouse no valor do enoturismo como ferramenta cultural e economómica.
No foro tamén se comentaron outros casos de éxito do enoturismo no mundo. Algúns afastandos, como o caso da China, e outros moi próximos como o proxecto WOW que se desenvolve no Porto.
Pero neste Foro do Albariño tamén se abordan outros asuntos de interese para o sector. As cepas centenarias e as parcelas singulares centraron outra parte do programa.
O curso foi clausurado esta tarde por Martín Alemparte Vidal, director Xeral da Axencia Galega de Calidade Alimentaria e Xosé Merelles, director Xeral de Turismo. Este sábado o XIII Foro do Albariño vaise clausurar en Cambados cunha derradeira xornada centrada con comercio internacional e as exportacións no sector vitivinícola da DO Rías Baixas.











