O mercado de Nadal de Vilagarcía repartirase este ano entre as prazas da Independencia e de España

VILAGARCÍA> Os concellos continúan preparándose para o Nadal. En Vilagarcía, o concello decidiu dividi-la edición deste ano do Mercado de Nadal en dúas prazas. Ademais da da Independencia, este tamén haberá casetas na de España. A medida busca evitar aglomeracións, permitindo, ademais, dinamizar outra zona da cidade. En total, vanse instalar 16 postos, que poñerán á venda produtos típicos desa época.

16 postos repartidos entre as prazas da Independencia e de España. Así se presenta a edición deste ano do Mercado de Nadal de Vilagarcía. A medida busca o cumprimento dos protocolos de seguridade e evitar aglomeracións.

Ademais, serve para dinamizar ó mesmo tempo dúas zonas da cidade, nun contexto no que o apoio á economía local é máis necesario ca nunca.

O Mercado mantén a súa esencia, polo que todos os produtos que se poñan á venda deberán ter relación co Nadal.

O Concello asume este a xestión directa do Mercado. Ademais, dadas as dificultades que atravesa o sector comercial debido á pandemia, Ravella exime aos participantes do pago da taxa por ocupación de solo. A iniciativa estará dispoñible do 4 ó 29 de decembro.