O persoal médico do hospital da Barbanza denuncia a sobrecarga de traballo

BARBANZA> Os problemas de falla de persoal e a sobrecarga de traballo entre o persoal médico deste centro hospitalario é unha das principais razóns que levou ós facultativos a iniciar hoxe un calendario de mobilizacións. Culpan á Consellería de buscar parches momentáneos ó exceso de gardas nalgunhas especialidades, pero sen establecer un protocolo claro en cada caso.

A situación segundo eles empeorará nos vindeiros meses co inicio do verán.

Tamén reclaman o pago da xornada complementaria, que realizan a maiores, que lle foi prometida pero que aínda non cobraron.

Ante esta situación anuncian que seguirán coas mobilizacións, previsiblemente cunha xornada de peche no propio hospital para as vindeiras semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí